InicioLugo e contornaLugoUnha lucense no goberno de Ayuso?

Unha lucense no goberno de Ayuso?

Marta Rivera, que fixo campaña con Ayuso, vén de saír de Ciudadanos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Marta Rivera, a lucense que fora conselleira de Cultura da Comunidade de Madrid, xa se deu de baixa como afiliada de Ciudadanos, trasladaron a Europa Press fontes do partido. Aínda que a presidenta rexional en funcións, Isabel Díaz Ayuso, aínda está a pensar como conforma o seu goberno, si se mostrou nalgunha ocasión disposta a recuperar no seu Executivo á dirixente de Cidadáns, de orixe galega.

Dela, dixo que “sempre foi colaboradora co resto do Goberno, independentemente das siglas, axudando de maneira destacada á cultura en Madrid nos momentos máis duros da pandemia”. “Para min é unha persoa a ter preto e gustaríame”, admitiu, á vez que engadiu que ela non busca “adhesións inquebrantables” nin quere cargos “todos cortados polo mesmo patrón”.

A escritora lucense Marta Rivera foi elixida deputada no Congreso pola Coruña nas eleccións xerais do 28 de abril de 2019, pero meses máis tarde abandonou as Cortes para asumir a carteira de Cultura no Goberno de Ayuso, cargo que ostentou ata o cesamento en bloque de todos os conselleiros de Cs o pasado mes de marzo.

Escribes na noticia un shortcode (cos corchetes) Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...