InicioCulturaLugo quenta motores para o Arde Lucus con medio centenar de actividades

Lugo quenta motores para o Arde Lucus con medio centenar de actividades

A festa romana celebrarase este ano cun "perfil discreto" por mor da pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo, en colaboración coas 19 asociacións de recreación histórica da cidade, programou medio centenar de actividades culturais para “quentar motores” de cara á celebración do Arde Lucus, a festa que evoca o pasado romano da capital lucense e que se celebrará, se as condicións sanitarias o permiten, entre os días 17 e 20 de xuño.

Entre as actividades que propón o Concello de Lugo, os veciños da cidade poderán elixir entre unha ampla variedade de talleres relacionados co mundo romano e castrexo, paseos guiados, charlas culturais, conferencias de expertos e mesmo un ciclo de cinema centrado na época imperial.

Ademais, por segundo ano consecutivo, foi convocado un certame de relatos curtos sobre a vida dun clan galaico e o concurso para incentivar á poboación a adornar fachadas e balcóns con motivos romanos durante os días previstos para a celebración da festa.

ACTIVIDADES PRESENCIAIS E EN LIÑA

O edil de Xuventude, Mauricio Repetto, asegura que a “programación” prevista “non defraudará”, aínda que haxa que combinar os actos presenciais coas actividades en liña, para respectar en todo momento as medidas decretadas polas autoridades sanitarias. Ademais, todas esas “accións lúdico-culturais serán abertas e gratuítas”. En canto á propia celebración do Arde Lucus, o goberno local informou de que o programa deste ano manterá “un perfil discreto” por mor da pandemia.

O goberno local anima a veciñanza a participar nos actos programados, pero sempre respectando as limitacións sanitarias, porque “o que pretendemos é gozar e seguir aprendendo do noso rico patrimonio e as nosas tradicións, que debemos manter e coidar, pero sen arriscar nunca a nosa saúde nin a dos demais”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...