InicioMedioambiente e PatrimonioO movemento social #CoidemosLugo cítase o 24 de abril no barrio da...

O movemento social #CoidemosLugo cítase o 24 de abril no barrio da Pousadela

Este proxecto cidadán retoma a actividade "procurando xerar un sentimento de amor e respecto polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Nacido en agosto do pasado 2020, o movemento #CoidemosLugo pretende este 2021 seguir organizando accións de concienciación ambiental e de respecto polo patrimonio.

Despois da súa primeira acción no mes de agosto, o equipo de voluntarios foi medrando e chegaron novas accións en apoio a outros colectivos como Adega, UNED Lugo ou Asociación Corripa (entre outros). No mes de novembro anunciábase a segunda acción organizada propiamente polo movemento, e debido as restricións sanitarias decidiron non retomalo ata este mes de abril.

Neste momento xa están anotadas 17 persoas para o sábado 24, pero aínda é posible unirse a través das redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) de #CoidemosLugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...