InicioSociedadeAs residencias lucenses manteñen os contaxios a cero

As residencias lucenses manteñen os contaxios a cero

Galicia suma tres días sen contaxios entre usuarios de residencias de maiores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As residencias de maiores galegas continúan este sábado, por terceira xornada consecutiva, sen usuarios contaxiados pola covid-19, aínda que se manteñen en dous os casos positivos de traballadores destes centros; se ben ningún deles se atopa nos centros da área lucense.

Segundo os datos facilitados este sábado pola Consellería de Política Social, as residencias de maiores da comunidade permanecen sen casos de coronavirus por terceiro día consecutivo entre os seus usuarios despois de que recibisen o alta 11 residentes da Coviastec de Silleda. En concreto, rexístranse dous traballadores de residencias de maiores contaxiados, un correspondente á propia Coviastec de Silleda e outro da de Oleiros.

Pola súa banda, os centros de discapacidade galegos non experimentaron cambios, xa que seguen sen presentar casos de covid-19 nin entre os seus usuarios nin entre os seus traballadores.

Esta situación prodúcese despois de que, durante a terceira onda do coronavirus, as residencias galegas rexistrasen un pico de usuarios contaxiados, 466. Isto ocorreu o 24 de xaneiro, un día antes de cumprirse o sete días necesarios desde a administración da segunda dose da vacina para xerar inmunidade, dado que este proceso arrincou de forma xeneralizada o 18 de xaneiro.

Desde o día 25, e aínda a pesar dalgúns brotes, as residencias de maiores galegas veñen experimentando un progresivo descenso na cifra de usuarios afectados. Así, o 27 de xaneiro, un mes despois do inicio da vacinación na Comunidade, eran 445 os usuarios positivos mentres que o 27 de febreiro a cifra situábase nos 50. A data 3 de abril non hai ningún contaxiado entre os usuarios, con só dous traballadores afectados.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...