InicioSociedadeTodo listo para comezar a vacinación das persoas maiores de 80 anos...

Todo listo para comezar a vacinación das persoas maiores de 80 anos en Lugo

A campaña arrinca este luns co obxectivo de inocular 850 doses ao día.

PUBLICADA O

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comezará este luns, 22 de febreiro, a vacinar fronte á Covid-19 ao groso das máis de 200.000 persoas maiores de 80 anos en Galicia, considerado un dos grupos prioritarios para recibir as doses, trala proba piloto levada a cabo o pasado venres na área de Santiago e Barbanza.

- Advertisement -

Segundo confirmaron a Europa Press por parte da Consellería de Sanidade non poden cuantificar a cifra de dose que empregarán no inicio da vacinación deste grupo porque dependerá dos envíos comprometidos polo Goberno central. Ademais, aínda que as mesmas fontes de Sanidade destacaron que se comezou co chamamento destas persoas, aínda traballan na elaboración de listas. “Se non hai imprevistos cos envíos (de vacinas)”, engadiron, este proceso, que levará a cabo só con dose de Pfizer, en maiores de 80 anos estenderase ata “a primeira semana de maio”.

Aínda que o groso da vacinación deste grupo comezará o luns, o venres 19 de febreiro levouse a cabo unha proba piloto a modo de ensaio. En concreto, oito equipos especiais de vacinación da área sanitaria de Santiago e Barbanza comezaron a pór as primeiras doses a persoas deste grupo en oito centros nos que foron citados 569 maiores de 80 anos, que en tres semanas recibirán a segunda.

850 PERSOAS AO DÍA EN LUGO

Por parte da Consellería de Sanidade explicouse que para a vacinación dos maiores de 80 anos os puntos de vacinación, debido ás condicións de transporte e conservación das doses, será levada a cabo nos centros de saúde das sete grandes cidades galegas e nos centros de cabeceira ou Puntos de Atención Continuada (PAC) fose delas.

Deste xeito, a Xunta prevé que este proceso de vacinación de maiores de 80 anos leve a cabo en 400 puntos. Ademais, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou tras o comité clínico do pasado 15 de febreiro, que no caso de que “por razóns de mobilidade” non poidan desprazarse, acudirán “ao domicilio de cada un deles”. E na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte está previsto, confirmaron fontes da mesma, vacinar a unhas 850 persoas maiores de 80 anos diarias nos centros de saúde de todas as cabeceiras de servizo e PAC.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...