InicioSociedadeO Concello de Lugo destinará un millón de euros a ampliar o...

O Concello de Lugo destinará un millón de euros a ampliar o paso inferior baixo a N-VI

Será substituído por unha nova estrutura que duplicará o ancho e a altura do actual para diminuir o efecto túnel e que sexa máis agradable e seguro para os usuarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou este luns en rolda de prensa que o Concello consignará 1.101.226,15 euros para a ampliación do paso inferior baixo a N-VI que conecta ambas marxes do Río Miño e que vai desde a Calzada da Ponte Ponche ao Pazo de Feiras e ao Anxo Carro.

Méndez sinalou que con esta actuación, que se aprobará na Xunta de Goberno deste mércores, búscase “favorecer o acceso do río á cidade, dentro desa estratexia de conectividade e de integrar o Miño coa cidade”.

“Con isto estamos a dar conectividade ao Club Fluvial que ten máis de 16 mil socios que frecuentan esa zona, ao propio Balneario, ao Pazo de Feiras e ao propio Anxo Carro con moita xente que para ir ao campo de fútbol utiliza ese tipo de itinerario. En definitiva tamén para conectar esa contorna fluvial co carril bici que se vai a realizar”, explicou.

O fin que se persegue dentro desta estratexia ‘Muramiñae‘, que conta con financiamento da Unión Europea, é “deixar de vivir de costas ao Miño e conseguir que o río sexa finalmente un elemento dinámico máis da cidade”, indicou.

Os traballos unha vez adxudicados, abundou, “terán unha execución de cinco meses, onde por unha banda se contempla a demolición do actual paso subterráneo e a execución dunha nova estrutura”.

Ademais, sinalou que se “dobrará a anchura, pasando de 4,5 metros actuais a oito e pasarase dos dous metros actuais en altura a 5,3″, concretou a alcaldesa de Lugo, quen anticipou que “antes dos inicios destas obras, do paso actual, habilitarase un desvío do Nacional-VI, que estará na contorna do Pazo de Feiras”.

ÚLTIMAS

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do...

Luz verde ambiental da Xunta ao proxecto para a construción de 1.200 vivendas no barrio Sacro Corazón

A Xunta informou este martes de que deu "luz verde ambiental" ao Proxecto de...

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a "acelerar" os trámites necesarios...

Expulsan a tres alumnos dun colexio de Lugo por un novo caso de acoso escolar

Un centro escolar de Lugo expulsou a tres alumnos tras detectar un posible caso...