InicioSociedadeO novo Xulgado do Social de Lugo entrará en funcionamento o 31...

O novo Xulgado do Social de Lugo entrará en funcionamento o 31 de marzo

"É unha boa noticia para Lugo. Vai ser unha solución importante para a xurisdición social", destacou o presidente do TSXG.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, anunciou este mércores durante a súa visita a Lugo que a localidade contará a partir do próximo 31 de marzo cun novo xulgado do social. O presidente lembrou que a posta en funcionamento deste órgano, demandada pola Sala de Goberno do TSXG “desde hai varios anos”, constituía un dos compromisos do seu mandato. “É unha boa noticia para Lugo. Vai ser unha solución importante para a xurisdición social”, destacou Díaz-Castroverde.

Na reunión con membros da carreira xudicial da localidade abordouse a situación do Xulgado de Menores, que está pendente de que a Xunta finalice a habilitación dun espazo na Audiencia Provincial para o seu traslado, xa que o novo xulgado do social se situará no espazo que actualmente ocupa este órgano.

Díaz-Castroverde, que mantivo encontros con xuíces/as da Audiencia Provincial e dos órganos unipersoais de Lugo, tamén valorou a incidencia da crise sanitaria na Administración de Xustiza de Galicia. “A situación é razoablemente boa. No seu momento, fixemos un protocolo de racionalización de sinalamentos, de modificación de axendas, e creo que, a día de hoxe, o que se suspendeu no primeiro estado de alarma está xa axendado”, manifestou, á vez que afirmou que as dependencias xudiciais son “espazos seguros“, pois non hai constancia de contaxios orixinados nelas.

Ademais, explicou que a COVID-19 “alterou o ritmo normal de ingreso de asuntos”. Así, sinalou que na estatística provisional do último trimestre do ano se aprecia unha importante diminución no número de ingresos de asuntos e, pola contra, “un aumento no número de resolucións ditadas, en comparación con 2019”.

Os xuíces/as dos órganos unipersoais solicitaron durante a reunión máis formación para os auxilios en relación ao uso do sistema de videoconferencia e expuxeron a Díaz-Castroverde as principais necesidades dos xulgados de instrución. O presidente informou aos membros da carreira xudicial de que se convocou unha comisión de servizos para que se incorpore outro xuíz a Instrución número 1 para que o titular poida pechar canto antes as macrocausas pendentes.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...