InicioSociedadeA Deputación de Lugo amplía o cribado tras dous novos positivos

A Deputación de Lugo amplía o cribado tras dous novos positivos

A institución provincial manterá as súas dependencias pechadas ao público.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo informou este domingo do peche ao público das súas dependencias a partir deste luns, despois de coñecerse dous novos positivos, un deles o da portavoz do PSOE e deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, quen realizou a proba pola súa conta e comunicou o resultado ao Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Ademais, o goberno provincial comunicou outro contaxio, concretamente o dun traballador do servizo de Novas Tecnoloxías, e atópanse á espera do resultado dunha proba realizada a un empregado do Centro de Artesanía e Deseño (Centrade) que tivo contacto cun infectado.

Dáse a circunstancia de que o pasado xoves transcendía o positivo do deputado da área de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, o que levou a que se fixese un cribado a 30 persoas. Agora, tras os dous novos contaxios coñecidos, faranse outras 50 probas entre os empregados dos servizos provinciais cos que tivo contacto Pilar García Porto, así como a todos os integrantes da xunta de goberno.

De igual modo, dentro do protocolo contra a covid-19 na institución, o presidente, José Tomé, asinou este sábado un decreto que recolle un conxunto de medidas dirixidas aos traballadores públicos e á cidadanía. Entrarán en vigor este luns e entre elas está contemplado o peche ao público do Pazo de San Marcos e das dependencias provinciais.

TRABALLO PRESENCIAL “AO MÍNIMO”

Así mesmo, reducirase “ao mínimo imprescindible” o traballo presencial durante 15 días. Así, haberá teletraballo naqueles casos nos que sexa compatible e atenderase á cidadanía por vía telefónica ou telemática.

Con respecto ao persoal con funcións que non se poden desenvolver a distancia, farán o seu traballo de forma presencial a través dun sistema de quendas estables do 50 por cento dos efectivos de cada servizo. En todo caso, respectarase “sempre, co máximo rigor, as distancias entre os empregados e demais medidas de seguridade”.

Iso si, “todos” os empregados públicos provinciais “deberán permanecer localizables e deberán incorporarse aos seus postos de traballo presenciais” se así lles é requirido “por necesidades excepcionais do servizo”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...