InicioEconomíaJosé Tomé: "É unha boa noticia a electrificación da liña Lugo-Monforte, a...

José Tomé: “É unha boa noticia a electrificación da liña Lugo-Monforte, a pesar do PP”

Di que a neve "está a pegar forte", sobre todo, na Montaña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, cualificou coma “unha boa noticia para a provincia, a pesar do Partido Popular” a electrificación da liña de ferrocarril Lugo-Monforte, que se licitará no consello de Ministros. “E digo isto porque, nos anos que gobernou Rajoy, paralizou totalmente o investimento no ferrocarril en Galicia“, sentenciou.

“E non o digo eu, está dito polo Tribunal de Contas no informe dos anos 16 e 17, onde houbo que indemnizar a empresas porque se perderon contratos e onde se paralizou a intermodal de Lugo”, engadiu.

NEVE

Por outra banda, Tomé sinalou este martes que os efectivos provinciais están a traballar en cen estradas, a través de todos os equipos operativos, para manter a circulación nas vías principais a pesar do temporal de neve que está “a pegar forte” na provincia, especialmente na montaña.

Así, Tomé puntualizou que esta mesma noite “o nivel da neve subía por encima da coitela da maquina quitaneves, o que é unha altura considerable, na zona de Courel e Pedrafita”. “Hai que agradecer o traballo que están a realizar os traballadores de vías e obras e do parque móbil, e eu creo que a deputación está a responder á demanda, neste momento, dunha climatoloxía moi adversa e que veu moi de golpe, e agora non temos ningún inconveniente en ningunha estrada provincial”, certificou.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...