InicioCulturaO Concello de Lugo organiza unha sesión de Djs en streaming para...

O Concello de Lugo organiza unha sesión de Djs en streaming para animar o ano novo da mocidade

Estenderase dende as 00:30 ás 05:00 da madrugada-

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia prepárase para un Fin de Ano extraordinariamente atípico e que, sen dúbida, quedará para a memoria como unha xornada con celebracións moi medidas por mor das restricións sanitarias. Para tentar paliar esta situación, a área de Xuventude do Concello de Lugo vén de anunciar que organiza unha festa “en streaming” coa que dar a benvida ao 2021 sen saír da casa.

A curiosa celebración estará dispoñibles para aqueles mozos e mozas lucenses que, a partir das 00:30 no novo ano, se dirixan ás redes sociais oficiais da área de Xuventude. Segundo destacan dende o Concello, contará con diversas actuacións musicais que se prolongarán ata as 5 da mañá. A festa arrincará coa actuación da figura do underground galego Silvia Superstar, vinte cinco anos despois de que o seu primero álbum levara ás Killer Barbies de Vigo ao mundo enteiro.

Posteriormente, será a quedan de Marta Fierro, máis coñecida como Eme Dj, con gran presenza na escena indie-disco. A mocidade de Lugo tamén poderá recibir ao 2021 coa electrónica de Babykatze Dj Set. Segundo destacan dende o Concello, Babykatze é unha música arxentina afincada en Galicia. Logo dunha longa experiencia como guitarrista, batería ou cantante, agora dá un paso máis alá, ocupándose completamente da composición e produción dos seus temas, case sempre cargados dun sentimento melancólico.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...