InicioEconomíaA hostalaría quere evitar as ceas de empresa e promove os bonos-regalo...

A hostalaría quere evitar as ceas de empresa e promove os bonos-regalo para traballadores

A Apehl apoiou a reivindicación de compañeiros pontevedreses, que iniciaron unha camiñada a Madrid para solicitar no Congreso o "rescate do sector".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, viaxou a Madrid para apoiar e acompañar os sete compañeiros de Pontevedra que iniciaron unha camiñada reivindicativa para pedir o “rescate do sector”. Alí, Real aproveitou para pór de manifesto unha vez máis as problemáticas ás que se enfrontan e anunciou a campaña ‘Regálale, regálate’.

“Toda a hostalaría está nunha situación absolutamente ao límite”, alertou. Por iso, a nova acción da Apehl promove que “as empresas poidan regalar aos seus empregados tiques de estancia en hoteis e casas rurais ou ceas e comidas en diferentes establecementos da provincia a elixir”.

“Non queremos que este ano haxa cenas masivas de empresas nos nosos establecementos, porque sabemos que o imos pagar nós. Somos o único sector que está aquí sacrificado e sabemos que se iso sucedese, logo acarrearía novos peches de todo o sector”, declarou.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...