InicioSociedadeO comité clínico, sobre as medidas restritivas en Lugo: "Non se están...

O comité clínico, sobre as medidas restritivas en Lugo: “Non se están cumprindo”

Vilalba, Chantada e Sarria permanecen baixo lupa pola alta incidencia do virus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou esta mañá en rolda de prensa que a situación epidemiolóxica parecía mellorar en toda a Galicia urbana, agás en Vigo e en Lugo. O comité clínico achaca a mala evolución da cidade lucense a un mal cumprimento das medidas restritivas. 

O responsable de Sanidade sinalou que en Lugo “non se están cumprindo” as medidas “de maneira franca”. Así o salientou nunha intervención na que deu conta das últimas análises dos expertos sanitarios que asesoran o Goberno galego.

Dito comité aprecia unha tendencia positiva en todas as cidades, pero Lugo e Vigo teñen un índice de reprodución do virus (número de contaxios que provoca un infectado) por enriba da media de Galicia, que segue por debaixo do 1 en Ritmo reprodutivo básico (R0)

CHANTADA, VILALBA E SARRIA BAIXO LUPA

Comesaña referiuse tamén ao concello de Chantada e ás áreas de Sarria e Vilalba como algunhas das zonas sobre as que está posta a lupa por parte do comité clínico debido á súa elevada incidencia do virus. O mesmo ocorre co concello ourensán da Rúa.

Xa hai 68 concellos galegos con medidas restritivas esixentes, pero Comesaña admitiu que “non é suficiente, porque segue habendo contaxios e segue habendo mortes“. “Non podemos baixar a garda, temos que dobrar o esforzo”, afirmou.

+ posts

ÚLTIMAS

María Reigosa pasa a ser concelleira non adscrita e deixa en minoría o goberno local de Lugo

A edil de Lugo María Reigosa comunicou este luns a súa decisión de abandonar...

Rueda destaca en Lugo que o Goberno central vive “instalado no caos” e pon o PP como única alternativa

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou a "política útil e pegou ao territorio"...

Volve o servizo madrugador entre Lugo e Madrid de Renfe

Renfe modificará a partir do próximo 20 de maio o horario do tren Alvia...

Gandeiros do SLG protestan contra a baixada de prezos do leite diante de Lactalis

Gandeiros do Sindicato Labrego Galego (SLG) protestaron ante a fábrica de Lactalis, no municipio...