InicioSociedadeO presidente da Audiencia de Lugo despídese tras unha década no cargo:...

O presidente da Audiencia de Lugo despídese tras unha década no cargo: “Fixen o que puiden”

José Antonio Varela Agrelo opta a unha praza na Sala do Civil e Penal no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, despídese a finais deste mes do cargo e opta a unha praza para o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). “Eu fixen o que puiden”, afirmou tras unha década no cargo.

Varela Agrelo confirmou que “a finais” deste mes de novembro deixará de presidir a Audiencia de Lugo, onde leva 20 anos, dez como presidente. Así, despois dos trámites administrativos e tras a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), “a finais de mes ou principios de decembro”, xa non estará en Lugo onde leva exercendo como xuíz desde 1983.

En canto ao alto tribunal galego, concretou que opta a unha praza na Sala do Civil e Penal. “No TSXG hai tres materias: o Contencioso Administrativo, materia civil e penal, que se agrupa nunha soa sala de cinco maxistrados. Nas outras salas hai varias seccións”, detallou.

En materia civil, “ocúpase de recursos de casación que por tratarse de dereito civil de Galicia non van ao Supremo”. En material penal, trata “causas contra aforados ou recursos contra sentenzas das audiencias (provinciais)”, puntualizou.

O maxistrado finalmente valorou estes 10 anos como máxima autoridade xudicial en Lugo cun balance “positivo”, aínda que admitiu que “houbo de todo”. “Eu fixen o que puiden”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...