Lugo quere poñer coto á plantación de especies que provoquen alerxia en espazos públicos

"Cada vez máis xente sofre estas patoloxías", destacan dende o Concello.

O Parque Rosalía de Castro, especialmente espectacular nos meses de outono (Guido Álvarez Parga)
O Parque Rosalía de Castro | Guido Álvarez Parga

Moitas especies alérxenes poderían ter os seus días contados nos parques de LugoO edil de Medio Ambiente lucense, Álvaro Santos, trasladará mañá ao pleno unha iniciativa para poder regular, a través dunha ordenanza, a plantación de especies vexetais alérxenas nos espazos públicos da cidade pero tamén noutras zonas comunitarias.

Segundo informan dende a área, o concelleiro pedirá así que a Corporación amose o seu apoio a incorporar na normativa local diversas indicacións referidas tanto á semente como á reforestación das diferentes variedades arbóreas en función do impacto que estas poidan ter para a saúde da veciñanza con relación á súa carga alérxena.

Cada vez maior porcentaxe da cidadanía é susceptible de sufrir este tipo de patoloxías causadas por elementos presentes no entorno”, explica o edil, que fai referencia a un incremento “preocupante” do nivel de contaminación ambiental e á maior sensibilidade da poboación.

Ante estas circunstancias, o edil sinala “varias” fórmulas para atallar o problema, que debería abranguer “un plano moito máis amplo no que se actúe sobre a mellora da inmunidadecapacidade de acceso a unha mellor alimentación ou mesmo sobre control e redución de emisións, etc.” Por agora, porén, o foco estará posto en valorar ese nivel alérxeno antes de coller a pá e levantar a terra.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here