InicioMedioambiente e PatrimonioLugo presume de románico

Lugo presume de románico

Intégrase na asociación de rutas europeas sobre o Románico, ao que se suman dez igrexas de Ribeira Sacra

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo entrou a formar parte da Asociación Ruta Transrománica, recoñecida pola Unión Europea e que, a partir de agora, contará con dez igrexas románicas doutros tantos concellos da Ribeira Sacra.

O presidente da Deputación, José Tomé, compareceu este xoves acompañado da deputada de Turismo, Pilar García Porto, para anunciar a incorporación a estes “itinerarios culturais” dentro da asociación recoñecida polo Consello de Europa e que comprende doce rexións da UE de nove países.

Tomé lembrou que a inclusión de Lugo nesta ruta é un compromiso que lanzara hai tempo e que que “hoxe está cumprido” coa incorporación de Lugo nunha asociación que “sitúa o románico da Ribeira Sacra e da provincia no máis alto nivel de recoñecemento e de visibilidade en Europa”.

“Isto contribuirá sen dúbida á promoción turística da provincia de Lugo nuns momentos de tantas dificultades para o sector debido á pandemia”, subliñou.

A entrada na rede de itinerarios románicos servirá para a promoción dun “turismo de calidade”, de “experiencias”, “respectuoso coa paisaxe” e que servirá para “pór en valor” a “riqueza monumental” de Lugo, que pretende situarse como un destino afastado do turismo “estacional e masificado”.

APOIO Á CANDIDATURA A PATRIMONIO MUNDIAL

Ademais, o presidente provincial considera que este ingreso “supón un importante apoio á candidatura da Ribeira Sacra para Patrimonio da Humanidade”, ademais de constituír “un reclamo máis para a promoción do Camiño de Inverno de cara ao Xacobeo do ano que vén”.

A candidatura que se presentou, segundo explicou Tomé, consta de dez igrexas situadas noutros tantos municipios da Ribeira Sacra, “para asegurar a maior representación posible do territorio”.

As igrexas son: o Mosteiro do Divino Salvador –Ferreira de Pantón–, a Igrexa de San Xoán –Carballedo–, Santa María de Nogueira –Chantada–, San Pedro de Ribas Altas –Monforte–, San Facundo de Ribas do Miño –Paradela–, San Nicolás –Portomarín–, Santa María de Ribas do Sil, Santo Estevo de Ribas do Miño –O Saviñao–, Santa María de Proendes –Sober– e Santa María –Taboada–.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...