InicioSociedadeLugo acollerá unha manifestación do comité de Alcoa para pedir a intervención

Lugo acollerá unha manifestación do comité de Alcoa para pedir a intervención

Terá lugar este sábado 24.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao chamou este xoves á cidadanía da provincia a participar nunha manifestación prevista para o sábado 24 de outubro en Lugo, a fin de reclamar ás Administracións estatal e autonómica que se comprometan coa intervención pública da planta de aluminio primario, na que a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía máis de 900 despedimentos entre obreiros da factoría e da industria auxiliar, ademais do apagado das cubas de electrólise.

Baixo o lema ‘A Mariña sálvase loitando‘, a marcha partirá ás 11.00 horas do edificio da delegación territorial da Xunta de Galicia cara a sé da subdelegación do Goberno central, onde se entregará unha solicitude da intervención pública temporal aos representantes do Executivo estatal. Os sindicatos pregan aos asistentes que cumpran coas medidas de seguridade, como o uso da máscara e manter a distancia de seguridade.

Por outra banda, o comité de empresa de Alcoa manterá este xoves, a partir das 16.15 horas, unha reunión coa autoridade laboral -coa Inspección de Traballo en Lugo- para expoñer os seus argumentos en contra da aplicación do despedimento colectivo que pretende executar a multinacional.

O comité aclara que a empresa non pode empezar a executar o ERE ata dispoñer do informe final da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

O seu presidente, José Antonio Zan, explicou a Efe que ese informe “seguramente aínda vai tardar”, dado o volume da documentación que ten que manexar a Inspección de Traballo, polo que “a empresa non vai poder facer nada ata a semana que vén con respecto aos despedimentos”.

Non se descarta, ademais, “unha reunión conxunta coa empresa no caso de que xurda algunha incongruencia entre as partes”.

Namentres, os sindicatos traballan para presentar a solicitude de paralización cautelar do ERE ante os tribunais, pendente aínda de dous informes independentes, cuxa resolución debe facerse efectiva no prazo de 72 horas -unha vez presentada-.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...