Home Lugo e contorna Lugo Fin de semana cargada de artesanía, música e bailes tradicionais no centro de Lugo

Fin de semana cargada de artesanía, música e bailes tradicionais no centro de Lugo

0
Fin de semana cargada de artesanía, música e bailes tradicionais no centro de Lugo
Feira na Praza Maior

Lugo despedirá o verán cunha fin de semana cargada de artesanía, baile e música tradicional da man da Feira do 48. A celebración terá lugar este sábado e domingo na Canella do Hospital, que acollerá ata seis stands de artesanía que irán dende instrumentos a traxes tradicionais galegos.

A música será outra das grandes protagonistas da xornada, xa que se contará con numerosas actuacións ao longo das dúas xornadas. Entre elas destacará a banda de gaitas de Cántigas e Frores -asociación responsable das veladas-, un grupo de cantareiros, un cuarteto á tradición, un coro galego… todo aderezado cun conxunto de baile tradicional.

Cada noite será pechada cunha ‘ruada’, unha “festa amenizada por grupos de recoñecido prestixio”, segundo destacan dende a organización. O peche da velada do sábado correrá a cargo de Xermán Díaz e Benxamín Otero, que presentarán o seu traballo ’13 Canciones
bonitas’ e do Grupo de Cantareiras da AC A Mámoa de Luou. O domingo será a quenda da Murga de Cántigas e Frores, o grupo Tango en Xan3iro e o Grupo de
Cántareiros de Cántigas e Frores.

DENDE 1948

A Feira do 48 cumprirá este ano a súa terceira edición, se ben a asociación responsable de organizala ten unha historia que vai máis atrás. Cántigas e Frores naceu en Lugo no ano 1948 como unión de dúas agrupacións corais existentes, ”Cantigas e Aturuxos” e “Frores e Silveiras” co obxectivo de “poñer en valor e divulgar a cultura tradicional galega”.

 

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here