InicioSociedadeO Campus de Lugo, referente do Sur de Europa en educación ao...

O Campus de Lugo, referente do Sur de Europa en educación ao aire libre

O programa do máster DAEN é un título exclusivo no conxunto das universidades españolas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (DAEN), un posgrao coordinado polo catedrático da USC na Facultade de Formación do Profesorado, está a converter o Campus de Lugo no referente do Sur de Europa en educación ao aire libre.

A singularidade dos contidos e das metodoloxías e prácticas educativas recollidas no programa do máster DAEN, un título exclusivo no conxunto da universidade española e que atopa non máis de media ducia de programas equiparables no contexto europeo, quedou reforzada tralo primeiro andazo da COVID-19.

De feito, a pandemia activou de novo o debate e, se cabe, o interese pola educación ao aire libre, como o proban as máis de 50 solicitudes rexistradas na USC para cursar a próxima edición do máster DAEN, que ofrece un total de 25 prazas.

“As estatísticas de persoas pre inscritas fan pensar que se cubrirán todas as prazas”, sinala o promotor e coordinador deste título, o catedrático da USC Eugenio Otero Urtaza, que tamén apunta que esta formación de posgrao permite á Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo captar talento mozo tanto de Galicia como do resto de España, ao tempo que contribúe á internacionalización do centro universitario.

PROXECCIÓN INTERNACIONAL

A colaboración que mantén desde hai anos a comunidade do máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (DAEN) co Instituto Europeo de Educación de Aventura ao Aire Libre e Aprendizaxe Experiencial (EOE Network), unha rede internacional na que participan, entre outros profesionais, profesores, educadores, traballadores sociais e xuvenís, así como estudantes, ofrece tamén unha importante proxección internacional á Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC.

ÚLTIMAS

Libros sobre Luísa Villalta para colexios e institutos da provincia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fará chegar material da autora homenaxeada este ano...

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...