InicioLugo e contornaLugoPrimeiras reaccións ó compra do Polusa por unha multinacional: "co trunfo de...

Primeiras reaccións ó compra do Polusa por unha multinacional: “co trunfo de Feijóo acelérase a privatización da sanidade”

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública responsabiliza ó executivo de Feijóo de deixar a sanidade galega "en mans dun monopolio de multinacionais".

PUBLICADA O

merca por parte do Grupo Ribera Salud do Hospital Polusa vén de recibir as primeiras mostras de rexeitamento social. O grupo pertencente á multinacional americana Centene Corporation anunciou a adquisición do hospital privado lucense pouco despois de pechar tamén a compra do centro POVISA, situado en Vigo, que goza dun Concerto Singular co SERGAS, polo que presta atención a unha área de 140.000 persoas.
Así ó destacan dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, que ven non anuncio da compra un síntoma máis do “avance,  aparentemente imparable, da privatización hospitalaria en Galicia”, un proceso que, apuntan, se desenvolve “co apoio político e as garantías que reciben as empresas por parte de Nuñez Feijoo”.
Segundo destacan dende a asociación, o apoio da Xunta do PP á sanidade privada déixase entrever no feito de que a administración Feijóo “incrementou o traslado de pacientes do sistema público a hospitais privados“, apuntan en relación a uns concertos que medraron nun 40% “nos últimos anos”.
Ante esta situación, destacan, co trunfo electoral de Feijóo “parece acelerarse a privatización  sanitaria, que está deixando a atención hospitalaria en Galicia, en mans dun monopolio de empresas multinacionais, como Centene (Rivera Salud) ou  Freshenius: propietaria do Grupo  Quirón, que xa comprou tres centros na Coruña, a Clínica A Rosaleda en Santiago ou o Hospital Dominguez de Pontevedra”.
Ante esta situación, a AGDSP fai un chamamento “a todas as organizacións progresistas galegas” para “facer fronte a esta politica liquidadora do sistema sanitario público, cando é máis necesario, como demostrou o sucedido ca pandemia da COVID 19″. “A nova realidade sanitaria post pandemia, non pode ser a privatización da Sanidade Pública en Galicia. Non o perm itamos!”
+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...