InicioLugo e contornaLugoO Concello pechará "todos os accesos" do Garañón para evitar que volvan...

O Concello pechará “todos os accesos” do Garañón para evitar que volvan acceder ó seu interior

O edificio será selado con ladrillos e chapas metálicas ante a recorrente presenza de intrusos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo vén de anunciar que pechará “todos os accesos” do edificio O Garañón, situado ó pé do parque Rosalía de Castro, para impedir que volvan acceder a el. O edil de Urbanismo, Miguel Couto supervisou esta maña o peche do edificio recalcando que “resolvimos ordenar á propiedade que proceran de xeito inmediato para impedir que as persoas accedan de forma fácil ao interior, e evitar un uso non adecuado do edificio”.

Un grupo de operarios, selaron os accesos con chapa metálica, ladrillos e cemento, polo que dende esta semana o Garañon terá todos os seus accesos tapados para impedir que volvan a acceder persoas no seu interior. O goberno local requeriu á propietaria de tomar esta medida “lembrando que é responsabilidade do titular do inmoble garantir que non se poida acceder ao mesmo e debe de dispoñer de todos os medios ao seu alcance para alcanzar o obxectivo polo perigo inminente que a deterioración da edificación supón para a seguridade das persoas” explicaba Couto.

O edil quiso facer “un chamamento á cidadanía para que manteñan un comportamento exemplar, e en caso de incumprimento actuaranse conforme á legalidade, debendo asumir as responsabilidades” xa que, segundo apuntou, “o Concello non pode converterse no garante de que non se acceda ao edificio” pois o seu labor “limítase ao cumprimento da legalidade en canto ao peche e limpeza da parcela”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...