InicioLugo e contornaLugoDiferencias entre PSdeG e BNG no Concello de Lugo a conta do...

Diferencias entre PSdeG e BNG no Concello de Lugo a conta do PXOM municipal

O pleno do Concello de Lugo aproba o 5% restante do PXOM cos votos de PSOE e PP e a oposición do BNG.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno ordinario do mes de xuño do Concello de Lugo sacou adiante a aprobación do 5% restante do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que contou cos votos a favor de PSOE e PP e coa oposición do BNG, socio de goberno dos socialistas. Ciudadanos abstívose.

Agora, tras esta decisión, será a Xunta a que teña que dar o visto e prace á nova redacción do Plan, para a aprobación dese 5% restante, un trámite que se prevé que estea listo antes de finais de ano, cando a cidade de Lugo podería contar coa totalidade do seu ordenamento.

O concelleiro de urbanismo, Miguel Couto, mostrou na sesión plenaria a súa intención de “mirar en positivo e cara ao futuro”, onde a redacción do Plan restante permitirá que “70 núcleos rurais” conten co seu “plan” e se poida construír entre “1.000 ou 1.500 vivendas” para familias lucenses na zona rural, cifrou.

A aprobación desta mañá saíu adiante grazas ao apoio do grupo municipal do Partido Popular. O seu portavoz, Ramón Carballo, dixo que esta decisión se tomou por “responsabilidade e coherencia”, aínda que deixaron claro que non se trata dun “aval” ao Partido Socialista, se non “un apoio claro aos lucenses que viven na zona rural”.

O BNG, socio de goberno dos socialistas, votou en contra da aprobación porque, como dixo o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, apostan “por un modelo de cidade máis sustentable e acorde á realidade de Lugo”. O outro grupo político municipal, Cs, abstívose na votación.

Fontes do goberno municipal quixeron saír ao paso de posibles fisuras no acordo entre PSOE e BNG, deixando claro que a “única excepción” no acordo de goberno entre os partidos era a relativa á do Plan de Ordenación, onde habería “liberdade total” de voto.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...