InicioLugo e contornaLugoDetido en Lugo tras acudir a unha comisaría para pedir un lugar...

Detido en Lugo tras acudir a unha comisaría para pedir un lugar onde pasar a noite

O home tiña pendente unha orde de entrada en prisión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home sobre o que pesaba unha orde xudicial de entrada en prisión presentouse na comisaría da Policía Local de Lugo para pedir un permiso que lle permitise pasar a noite no Fogar do Transeúnte da cidade e resultou encarcerado.

Sucedeu o pasado 25 de xullo, sobre as 16:45 horas, cando o home apareceu na sede da Xefatura da Policía Local de Lugo para pedir un papel que lle permitise facer noite no albergue municipal.

O axente de servizo na Oficina de Atención ao Cidadá comprobou entón os datos do solicitante e descubriu que tiña en vigor unha orde xudicial de entrada en prisión. O home foi detido nese mesmo momento e entregado na Comisaría do Corpo Nacional de Policía CNP.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...