InicioSociedadeO virus perde forza na provincia: 17 casos menos nas últimas 24...

O virus perde forza na provincia: 17 casos menos nas últimas 24 horas

Lugo segue a supoñer case 3 de cada 4 casos contabilizados en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus en Galicia descendeu en 17 ata os 245 este martes, con 17 menos na área de Lugo e un menos na de Santiago e na da Coruña e un máis en Pontevedra e outro en Vigo, mentres que as persoas curadas incrementáronse ata as 10.965, o que supón 22 máis.

Así se reflicte nos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, mantéñense en seis os que permanecen en unidades de hospitalización convencional e un na UCI, mentres que 238 atópanse en seguimento domiciliario –17 menos respecto da xornada pasada–.

3 DE CADA 4 CASOS, EN LUGO

Dos 245 casos positivos, 183 corresponden á área de Lugo –17 menos–; 23 á da Coruña e Cee –uno menos–; 15 á de Santiago e Barbanza –uno menos–; 12 á de Vigo –uno máis–; catro á de Ourense –sen cambios–; un á de Ferrol –igual– e sete á de Pontevedra –uno máis–.

Dentro do total de casos rexistrados en Galicia hai un vinculado con centros residenciais, segundo concreta Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen usuarios infectados.

Sanidade apunta que, ata a data, curáronse en Galicia 10.965 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...