InicioSociedadePiden case 19 anos de prisión para un acusado de abusar sexualmente...

Piden case 19 anos de prisión para un acusado de abusar sexualmente dunha familiar menor de idade

O home realizou supostamente tocamentos e intentos de penetración á rapaza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo celebrará do 13 ao 16 de xullo, a porta pechada, o xuízo contra un home acusado de abusar de forma continuada dunha familiar menor de idade, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). A Fiscalía solicita para el unha condena de 18 anos e 9 meses de prisión.

Na súa cualificación, o Ministerio Público sostén que o 17 de agosto de 2018, sobre a 07,30 hora, o procesado espertou a menor e aproveitando que a mesma “estaba a pasar uns días no domicilio familiar, prevaléndose da relación familiar que mantiña con ela e inspirado polo ánimo de satisfacer o seu apetito sexual, e aproveitando a súa situación de superioridade física, comezou a realizarlle tocamentos e intento de penetración”.

A Fiscalía sinala que os episodios deste tipo xa se produciron con anterioridade en polo menos sete ocasións, na súa maioría entre os anos 2012 e 2018.

O procesado foi detido o día 17 de agosto de 2018 e posto a disposición xudicial o día 19 de agosto. Nese momento o Xulgado de Instrución número 1 acordou a medida cautelar de prisión provisional comunicada e sen fianza.

“Como consecuencia dos feitos relatados o procesado causou á menor un enorme sufrimento”, indica Fiscalía que precisa que a vítima padece unha alteración emocional importante, que mesmo lle chegou a provocar unha depresión.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...