InicioEconomíaO Concello de Lugo convocará 44 prazas na Oferta Pública de Emprego...

O Concello de Lugo convocará 44 prazas na Oferta Pública de Emprego de 2020

Unha vintena de postos correspóndense con axentes da Policía Local e outra cantidade elevada terán o seu destino nos Servizos de Benestar e Cemiterio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo convocará 44 prazas de emprego público en 2020, segundo a oferta que presentou a edil de Gobernación, Paula Alvarellos, na mesa de negociación deste mércores, que mostrou a súa conformidade co documento.

O obxectivo desta OPE, explicou Alvarellos, é “abordar as necesidades máis urxentes detectadas nos diversos servizos para mellorar a súa prestación” á cidadanía e “conseguir un maior nivel de axilidade e resolución na actividade desenvolvida pola administración local”.

Do total, 44 prazas convocaranse en quenda libre e catro serán de promoción interna. Así mesmo, dixo que 21 delas correspóndense con axentes da Policía Local, polo que “outra das finalidades que cumprirá será a de garantir as cadeas de mando nas distintas unidades, moi mermadas despois de que en 2019 este corpo sufrise a baixa de 32 efectivos”.

En total, no pasado exercicio, entre xubilacións, falecementos ou excedencias, o Concello “rexistrou unha diminución da súa cadro de persoal estimada en 48 empregados públicos que non tiñan reserva do posto de traballo”, destacou a concelleira, “o que deixou nunha situación comprometida a moitos departamentos que tiveron que afrontar a mesma ou maior carga laboral con menos recursos humanos”.

“Un escenario que, agora, a solvencia financeira que presentamos permitiranos corrixir, ao poder elevar ata o máximo a taxa de reposición permitida ás institucións públicas e que se sitúa no 110%, sempre dentro do marco da estabilidade orzamentaria”, aclarou Paula Alvarellos, á vez que sinalou que unha porcentaxe elevada destas incorporacións terán o seu destino nos servizos de Benestar Social e Cemiterio.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo absolve a unha muller e a súa filla acusadas de estafar á avoa para que lles dese diñeiro

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu a dúas mulleres, nai e filla, que estaban...

Besteiro urxe á Xunta que poña o foco na saúde mental da provincia de Lugo, onde hai “dous suicidios á semana” de media

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu este xoves en Lugo da...

O goberno de Lugo reclama ao presidente da Xunta máis investimentos que os anunciadas o luns tras o Consello

A portavoz do PSOE no goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, volveu a...

Panadeiros piden “un convenio moderno e con garantías para o sector” na provincia

Un grupo de panadeiros, en representación dos 1.500 que hai na provincia de Lugo,...