InicioSucesosConfesa e acorda 12 anos de cadea por violación en Lugo

Confesa e acorda 12 anos de cadea por violación en Lugo

O home de 34 anos confesou a comisión dun delito de violación, outro de tentativa e tres agresións sexuais entre 2013 e 2015

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía pedía unha pena de 32 anos, mais finalmente será a terceira parte. O home que atermorizou á cidadanía lucense ata a súa detención en novembro de 2015 pasará 12 anos na cadea, logo de alcanzar un acordo polo que admitía a súa culpabilidade. Segundo informa GaliciaConfidencial, o acusado confesou ser autor dunha violación, outra en grado de tentativa, e tres agresións sexuais.

Estes delitos comportarán unha pena de 12 anos: seis pola violación que condiciu á súa detención, tres pola tentativa e un por cada asalto. Segundo consta no informe do Ministerio Público, o procesado achegábase ás mulleres de madrugada, aproveitando que se atopaban soas e a falta de auxilio. P.G.A., de 34 anos, recoñeceu a autoría destes actos, cometidos entre xuño de 2013 e novembro de 2015, cando foi identificado e detido.

Dende entón permanecía na prisión de Bonxe. A Fiscalía pedía para el 32 anos e 11 meses por estes delitos, amais de medidas restrictivas de liberdade vixiada e a prohibición de achegarse a Lugo. Asemade solicitou unha indemnización de 33.000 euros para as vítimas, e o Sergas, 629 euros polo custe da atención médica a dúas afectadas.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...