InicioSociedade'En Lugo, si': a campaña da Deputación para recuperar a actividade económica...

‘En Lugo, si’: a campaña da Deputación para recuperar a actividade económica na provincia

Levaranse a cabo iniciativas dirixidas ás empresas e á cidadanía para dotalos de ferramentas na saída da crise.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación Provincial de Lugo presentou este xoves a campaña ‘En Lugo, si’ en busca de reactivar dunha maneira estable e eficaz, o comercio local, a hostalaría, o turismo, e o conxunto dos sectores produtivos da provincia, para saír o máis rápido e da mellor forma posible da crise provocada polo coronavirus.

Desde o organismo provincial levan semanas traballando no deseño deste proxecto, unha iniciativa en coordinación e colaboración co tecido socioeconómico. O presidente da institución provincial, José Tomé, explicou que a marca ‘En Lugo, si’ simboliza “os valores e fortalezas que ten a provincia” como lugar seguro, de confianza, de calidade e de oportunidades “para comprar, consumir, o lecer, para pasar as vacacións” ou tamén “para emprender”.

‘En Lugo, si’ busca revitalizar o tecido económico da provincia lucense e con iso o emprego, sobre todo nas pequenas e medianas empresas e tamén os autónomos. Segundo o presidente da Deputación, inclúense  “accións dirixidas aos propios negocios, traballadores e profesionais dos sectores produtivos” para dotalos “das ferramentas que precisan para facer fronte á denominada nova realidade”.

INICIATIVAS PARA A CIDADANÍA

Doutra banda, José Tomé avanzou iniciativas dirixidas á cidadanía para “difundir os valores e fortalezas da provincia e o seu tecido produtivo”.

A primeira das accións desta iniciativa será un programa formativo en liña pensado “para apoiar aos negocios e profesionais”, do comercio, a hostalaría e do turismo na aplicación de “medidas de prevención e hixiénico sanitarias” que permitan e garantan a comodidade e o benestar dos clientes.

Este programa formativo terá 300 prazas e será para os negocios dos concellos de toda a provincia con menos de 20.000 habitantes.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...