InicioSociedadeA Montaña de Lugo, entre as comarcas galegas onde menos circulou o...

A Montaña de Lugo, entre as comarcas galegas onde menos circulou o virus

Pola contra, a comarca de Meira e a Mariña Oriental figuran como unhas das áreas con maior prevalencia, segundo un estudo elaborado polo Sergas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Montaña de Lugo e maila Mariña Central son algunhas das comarcas galegas onde menos circulou o coronavirus, segundo os datos extraídos do estudo de seroprevalencia elaborado polo Sergas e presentado este mércores en rolda de prensa telemática. No outro extremo, a comarca de Meira e a Mariña Oriental figuran entre as áreas con maior prevalencia.

O informe ‘Estudo de seroprevalencia fronte á COVID-19 en Galicia’ foi realizado “cun intervalo de confianza do 95%” e fixérono público este mércores o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez; o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, e o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada. Os seus resultados permítennos ter unha estimación de como circulou a COVID-19 por áreas xeográficas.

O SUESTE DA PROVINCIA, CON MENOS INCIDENCIA

Deste xeito, na análise efectuada por comarcas e agrupacións de comarcas, as zonas da Fonsagrada, Quiroga, Ancares e A Mariña Central en Lugo rexistraron unha prevalencia de entre o 0 e o 0,5%, ao igual ca as bisbarras coruñesas de Noia, Bergantiños, Xallas, Terras de Soneira e Betanzos. Estes valores non se detectaron en ningunha das comarcas das provincias de Ourense e Pontevedra.

Á súa vez, a Terra Chá, a comarca de Lugo, A Ulloa/Chantada e Sarria teñen unha prevalencia inferior ao 1%, un nivel que tamén se dá no Deza (Pontevedra); en Verín, O Ribeiro e Celanova (Ourense); e Fisterra, Muros, Ortegal, Eume, Ferrol, A Coruña, Melide, Arzúa e Ordes (A Coruña).

A MARIÑA ORIENTAL E MEIRA, MÁIS DO 1’5%

Pola contra, entre as áreas nas que, segundo o estudo da Xunta, se detectou maior circulación do virus  (máis do 1’5% de prevalencia) tamén aparecen algunhas zonas da provincia de Lugo, como a Mariña Oriental e Meira. No resto de Galicia, as áreas máis afectadas foron Vigo; as comarcas ourensás de Valdeorras, Trives, Viana, Caldelas, Allariz, Ourense e Carballiño; Tabeirós, en Pontevedra; e as bisbarras de Sar e A Barcala, na Coruña.

ÚLTIMAS

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Ferido un motorista tras chocar contra un coche en Lugo

Un motorista resultou ferido na tarde deste pasado mércores tras chocar contra un coche...