InicioSucesosDenunciado por deixar saír só ao seu can en Lugo e por...

Denunciado por deixar saír só ao seu can en Lugo e por non mantelo en “condicións adecuadas”

Axentes da Policía Local observaron que o animal presentaba unha hernia perineal, polo que lle pediron ao dono que o levase de inmediato ao Hospital Veterinario, onde quedou ingresado para unha intervención cirúrxica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo denunciaron a un veciño deste municipio por deixar saír só ao seu can á rúa, a pesar de estar permitido sacalo no marco do estado de alarma, e non mantelo en “condicións hixiénico-sanitarias adecuadas”.

Segundo relatou a Policía Local, o pasado 10 de abril, axentes procederon a levantar acta-denuncia ao dono dun can “por non adoptar as medidas necesarias para impedir que o animal poida acceder libremente á vía pública” e non mantelo en “condicións hixiénico-sanitarias adecuadas nin presentar a documentación” do mesmo.

Os feitos, explicaron as mesmas fontes policiais, ocorreron cando unha patrulla detectou nunha zona axardinada da cidade “un can solto e sen control” de raza Bulldog Francés, sen que estivese presente o propietario ou responsable do animal.

INTERVENCIÓN CIRÚRXICA 

Os axentes localizaron á persoa responsable do can no interior do seu domicilio, quen alegou que o deixaba saír á rúa sen custodia pola situación de crise sanitaria. Os policías lembráronlle que esa actividade “está autorizada”.

Ademais, observaron que o can presentaba “unha hernia perineal”, polo que requiriron ao responsable que o trasladase ao Hospital Veterinario para a súa “inmediata atención”. A Policía Local ratificou que o animal quedou ingresado para unha intervención cirúrxica.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...