InicioSociedadeLugo reduce a siniestralidade nas estradas no primeiro semestre

Lugo reduce a siniestralidade nas estradas no primeiro semestre

Entre xaneiro e xuño houbo oito falecidos en oito accidentes de tráfico, tres vítimas menos ca no mesmo período do ano anterior

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia pechou o primeiro semestre de 2018 con 39 persoas falecidas en 38 accidentes de tráfico. Son tres vítimas mortais menos ca as rexistradas no mesmo período do ano anterior, un descenso do 7,1 por cento. Lugo foi a segunda provincia que máis reduciu a mortalidade nas estradas.

Estes datos da Dirección Xeral de Tráfico (DGT), recollidos por Europa Press, sinalan que dúas provincias galegas aumentaron a siniestralidade. Ata a fin de xuño rexistráronse na Coruña 19 mortos nas estradas, fronte aos 17 de 2017; e en Ourense produciuse o aumento meirande, pasando de 3 a 7 falecidos.

Por contra, nas outras dúas provincias reduciuse o número de decesos na rede viaria. En Pontevedra pasouse de 11 vítimas mortais a 5, e en Lugo, houbo 8 accidentes con 8 mortos, 3 menos ca no ano anterior.

Malia este descenso do 7,1 por cento no número de vítimas mortais nas estradas de Galicia, os accidentes mortais entre xaneiro e xuño aumentaron de 37 a 38.

Examinando as estatísticas de xuño para Galicia, o número de falecidos mantívose estable en doce. Os sinistros rexistrados no sexto mes de 2018 comprenden un atropelo, dúas envorcaduras, catro colisións e outras catro saídas de vía.

En canto ao perfil dos finados, dous eran menores de 25 anos; tres tiñan entre 25 e 45; catro falecidos, entre 46 e 65; e outras tres eran maiores de 65 anos.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...