InicioSociedadeA provincia rexistra 25 positivos máis, que fan un total de 558...

A provincia rexistra 25 positivos máis, que fan un total de 558 casos activos

En Galicia, a cifra de diagnósticos achégase aos 5000, con 531 altas e 168 falecementos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo ascende a 558, o que supón 25 positivos máis ca os rexistrados onte. Desta maneira, a provincia continúa sen grandes repuntes de diagnósticos, segundo os datos do Sergas.

Do total de doentes, trece permanecen na UCI, 87 están en hospitalización, e o resto atópanse no seu domicilio. O número destes últimos segue aumentando, pero a menor ritmo que en xornadas anteriores.

A Consellería de Sanidade tamén informa do total de casos para o conxunto de Galicia: 4.926 positivos, con 531 altas e 168 falecementos.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...