InicioSociedadeDiminúe o ritmo de novos positivos na provincia, con trece casos máis...

Diminúe o ritmo de novos positivos na provincia, con trece casos máis para un total de 533

A Consellería de Sanidade contabiliza 28 altas de pacientes na área sanitaria de Lugo, sete máis ca as rexistradas onte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo contabiliza 533 casos activos por coronavirus, trece máis ca os rexistrados na xornada de onte (520). Desta maneira, diminúe o ritmo de crecemento de positivos confirmados na provincia logo de días con fortes repuntes nas actualizacións de datos diarias que ofrece o Sergas.

A Consellería de Sanidade informa que, deses 533 infectados, doce permanecen na UCI (sen incremento dende onte). 81 pacientes están hospitalizados en planta (+2) e a gran maioría (440) atópanse no seu domicilio. 

Ademais, outro dato positivo é que xa se deron 28 altas na provincia, sete máis ca as que se contabilizaban onte. Porén, o número de falecementos ascende a doce, tras morrer este xoves dous varóns ingresados no HULA.

RESTO DE GALICIA

No conxunto galego, o número de infectados por coronavirus aumentou en 256 entre este xoves e este venres, ata chegar aos 4.635 positivos. Mentres, rexistráronse 102 novas altas e o total xa alcanza as 435.

Por outro lado, o último balance de mortes na comunidade deixa 149 falecidos pola Covid-19.  Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...