InicioSociedadeO decano de avogados de Lugo estima "peores" efectos no sector que...

O decano de avogados de Lugo estima “peores” efectos no sector que tras a folga da Xustiza no 2018

"Nós tamén somos autónomos prexudicados", lamenta. O que se lles vén encima, asegura, é o aluvión de ERTES.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O decano do Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, estima que a crise sanitaria actual terá “peores” consecuencias para o seu colectivo que a folga de 114 días que levou a cabo no ámbito da Xustiza en 2018.

Mondelo asegurou este venres que aínda “arrastran” as secuelas de dita folga, que posteriormente chegou a colapsar os xulgados galegos. Isto, unido á “baixa” actividade que rexistran agora, provocará “máis danos” a xuízo do decano.

Por todo iso, e tamén a nivel “nacional”, esixirán ao Goberno que se supriman as taxas por “autónomos”. “Nós somos tamén autónomos prexudicados. O que é obvio é que a paralización vai levar máis danos que a folga que sufrimos (en 2018) que durou case catro meses e que arrastramos aínda a día de hoxe”, reiterou.

Mondelo precisou que o seu sector “vive da actividade diaria” que se desenvolve nos “despachos, consultas e preitos” e se non se realizan “consultas e non hai sentenzas” non poderán facer “nada”. Cren que lle espera “estar un par de meses sen cobrar, con independencia de que algún dos clientes tamén poida sufrir as consecuencias económicas” que carrexa esta crise sanitaria.

ASISTENCIA EN ERTES E DETENCIÓNS

O que se lles vén encima, asegura, é o aluvión de ERTES (Expedientes de Regulación Temporal de Emprego) que se están tramitando nos xulgados do social. Ademais, concretou, “temos asistencia a detidos diarias”, a pesar de que “non se están producindo moitas detencións”.

“Curiosamente as que veñen producindo son por delitos de desobediencia á autoridade”, dentro das restricións marcadas polo Goberno para non saír de casa.

En canto ao resto de detencións, constata que na maioría dos casos trátanse de resolver “por videconferencia”. Na provincia de Lugo, calculou, “son máis de cincocentos” os “avogados exercentes”.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o vacío de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...