Home Lugo e contorna Lugo USC e Coita organizan unha xornada sobre autoconsumo eléctrico na gandaría

USC e Coita organizan unha xornada sobre autoconsumo eléctrico na gandaría

0
USC e Coita organizan unha xornada sobre autoconsumo eléctrico na gandaría
Instalación para autoconsumo eléctrico no sector primario | Batiment Fotovoltaique

A Universidade de Santiago e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo (Coita) organizan un faladoiro sobre autoconsumo eléctrico nas explotacións gandeiras. O evento celebrarase este xoves 28 de xuño, ás 17.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo.

O faladoiro versará sobre autoconsumo fotovoltaico, tanto con baterías coma sen baterías, aplicado ao sector da gandaría. Para asistir de balde á xornada é preciso confirmar no enderezo carlos.barrosa@voltfer.es ou ben chamando ao Coita.

Destinado a profesionais e empresas da instalación, incluirá aspectos de lexislación en autoconsumo, solucións técnicas, un caso práctico e servizos da empresa colaboradora, Voltfer.

 

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here