InicioEconomíaOs hostaleiros de Lugo piden "pospoñer os pagos á Seguridade Social" pola...

Os hostaleiros de Lugo piden “pospoñer os pagos á Seguridade Social” pola “crise” do coronavirus

O sector xa comeza a notar os efectos tras cancelacións en restaurantes e hospedaxes. "Cada vez van ser máis", presaxian.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo e membro do comité executivo do sector a nivel nacional, Cheché Real, propuxo que o Goberno “pospoña os pagos á Seguridade Social” pola crise do coronovirus.

Así, tamén reclama “medidas laborais para protexer o emprego e medidas administrativas, que pasarían por implementar instrumentos financeiros para garantir os empregos das empresas. “Solicítase ao Goberno que detalle a operativa que se debe de levar a cabo, actuacións contra a crise, como activar medidas á reactivación da demanda cando finalice esta crise”, debullou.

OS EFECTOS XA SE NOTAN NO SECTOR

Real asegurou que no sector da hostalería e hospedería en Lugo “xa se empeza” a notar a crise, “porque xa hai cancelacións tanto en restaurantes como en aloxamentos”. “Isto causa sorpresa e problemas económicos e, cada vez van ser máis, ata que chegue ao pico e se estabilice para empezar a baixar”, presaxiou.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...