InicioSociedadeSuspendidas as clases en todos os centros educativos a partir do luns...

Suspendidas as clases en todos os centros educativos a partir do luns 16 de marzo polo coronavirus

Os centros permanecerán pechados durante catorce días. Feijóo tamén anunciou outras medidas para regular a actividade do funcionariado e pediu que non se celebren actos de máis de 50 persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As clases dos centros educativos de Galicia quedan suspendidas a partir do vindeiro luns, 16 de marzo, ante a crise do coronavirus. A medida ampliarase durante catorce días en todas as etapas do ensino.

Así o acordou o Consello da Xunta nunha reunión mantida este xoves co obxectivo de conter a propagación da enfermidade e “minimizar” o seu impacto.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pediu que aquelas familias que poidan tampouco envíen os seus fillos aos centros de ensino na xornada de mañá, venres 13. Esta medida tamén se recomenda para a universidade e a formación profesional.

Do mesmo xeito, tamén quedan canceladas todas as actividades extraescolares durante dúas semanas.

OS CENTROS DE MAIORES

Ademais, a Xunta decretou o peche dos centros comunitarios dende este venres e acordou medidas para o funcionariado, cun protocolo que recolle a promoción do teletraballo, a flexibilidade horaria e a reorganización de quendas laborais.

En xeral, pídese que se cumpra a limitación de non celebrar actos con máis de 50 persoas en espazos pechados.

SUSPENSIÓN DA PRECAMPAÑA

O presidente da Xunta e líder do PPdeG tamén anunciou que o seu partido decidiu suspender a súa precampaña electoral e recomenda ao resto de formacións políticas seguir os mesmos pasos.

Así, o PPdeG non realizará “ningún acto” ata o luns, día no que está prevista unha reunión entre os principais partidos galegos para avaliar as medidas a tomar de cara á celebración da campaña electoral. “As eleccións son absolutamente secundarias, o único que nos importa é a saúde pública”, incidiu Feijóo.

O BNGGalicia en Común Ciudadanos xa confirmaron que tamén anulan todos os actos de precampaña previstos para esta fin de semana.

Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...