InicioEconomíaO conselleiro de Cultura recoñece a "preocupación" do sector turístico polo coronavirus

O conselleiro de Cultura recoñece a “preocupación” do sector turístico polo coronavirus

Román Rodríguez volveu incidir tamén na proposta de converter o cuartel de San Fernando na cidade de Lugo nun "parador museo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, recoñeceu este mércores en Lugo a preocupación dos empresarios “pola tempada de Semana Santa” debido á situación polo coronavirus.

Na firma dun convenio coa empresa lucense Torre de Núñez para patrocinar o Xacobeo, puxo de manifesto sobre o avance desta enfermidade que “día a día cambia”. “Nós temos unha liña de diálogo co sector empresarial (do turismo) e está preocupado, sobre todo de forma inmediata pola tempada de Semana Santa. A partir de Semana Santa esperamos, tamén polas predicións, que isto se reduza e poidamos traballar e pór en valor todo o que é a tempada de verán”, subliñou.

Rodríguez evidenciou que “obviamente a situación é para estar preocupados, non caer no alarmismo, pero si para estar preocupados“. “Tamén para planificar, e aquí o Goberno do Estado o que ten que facer é planificar e impulsar medidas de continxencia desde a perspectiva fiscal de apoio ao sector porque é un sector tremendamente importante, todos os sectores, pero o turístico baséase na mobilidade das persoas”, sinalou.

Ademais, o conselleiro insistiu en que esta situación “impregna toda a sociedade e o turismo pode verse moi afectado”. “Se o Goberno do Estado acaba de dicir que se restrinxen as viaxes hai un efecto directo na actividade turística, nun país tan turístico como é España, con máis de 80 millóns de turistas estranxeiros, e nunha comunidade como Galicia onde o turismo ten un papel moi importante, estamos a falar que supón en torno ao 10 por cento do PIB e 115.000 empregos”, remarcou.

PARADOR MUSEO

Finalmente Román Rodríguez volveu incidir na proposta de converter o cuartel de San Fernando na cidade de Lugo nun “parador museo”, e levar o museo da romanización de Galicia ao Museo Interactivo da Historia (MIHL).

“A proposta que fixemos é unha proposta moi ambiciosa, que se fundamenta na rehabilitación física de espazos singulares no centro histórico. Todo isto é compatible con darlle un uso real a unha infraestrutura tan importante, un colector tan importante como é o Museo Interactivo da Historia que está infrautilizado, cun número moi reducido de visitas e impulsar un museo parador dentro de San Fernando”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...