InicioEconomíaO Concello anuncia a mellora nas conexións do Ceao e novas actuacións...

O Concello anuncia a mellora nas conexións do Ceao e novas actuacións en San Roque

En reunión cos veciños do barrio de San Roque, a alcaldesa adiantou varias actuacións de accesibilidade por máis de 40.000 euros – O compromiso cos empresarios do polígono do Ceao acada os 145.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os veciños de San Roque mantiveron este martes unha reunión co equipo de goberno local. O encontro, no que participaron a alcaldesa Lara Méndez, o voceiro Miguel Fernández, e o concelleiro de Infraestruturas Manuel Núñez, serviu para presentar as novas melloras de accesibilidade planeadas para a zona. As actuacións afectarán ás proximidades do centro de saúde e á rúa Outono.

Méndez asegurou que non entendería “outro xeito de xestionar e de facer cidade que non sexa coa nosa xente e a través dos barrios”. Nesta liña, aproveitou para anunciar un investimento de 35.000 euros para mellorar o espazo arredor do centro de saúde do barrio, que a diario empregan 300 persoas. Os traballos servirán para substituír as baldosas por outras de maior adherencia, colocar varandas galvanizadas en oito tramos de Ramón Montenegro, Carril do Xuízo e Pena Anda, e pintar dous novos pasos de peóns no cruce entre as dúas últimas rúas. A meirandes actualizarase a sinalización horizontal.

Vencellado a esta actuación no barrio de San Roque, o executivo local actuará na rúa Outono, na beirarrúa do lado sur desta vía. O plan contempla así mesmo cambiar as baldosas, dispoñer varandas en catro tramos e colocar unha rampa na parte da escada. O orzamento para esta demanda veciñal é de 6.500 euros cun prazo de execución dun mes.

 

Rede viaria do Ceao

Este anuncio para a mellora da accesibilidade en San Roque chega 24 horas despois do encontro entre representantes da asociación de empresarios do polígono do Ceao e as autoridades municipais. Na xuntanza participaron tamén Méndez, Fernández e Núñez. En resposta ás demandas do tecido empresarial, o Concello comprometeu un máximo de 145.000 euros para mellorar as conexións deterioradas polo denso tráfico, en especial polo impacto dos vehículos pesados.

A rehabilitación está dividida en dúas partes e procura “mellorar a seguridade vial e a comodidade dos conductores”, segundo sinalou a alcaldesa.

O proxecto da rúa dos Artesáns consistirá na renovación do pavimento e a reposición da sinalización horizontal. O ámbito de actuación será a calzada esquerda entre Benigno Rivera e a rúa Dos Canteiros e toda a sección entre as rúas dos Canteiros e da Industria. O orzamento é de 73.600 euros, e para o seu financiamento o Concello vén de acadar unha subvención da Consellería de Economía de 58.900 euros. Os 14.700 restantes achegaraos a entidade local. O prazo de execución é dun mes.

En canto á glorieta da avenida Benigno Rivera, as obras inclúen igualmente a renovación do pavimento e a reposición da sinalización existente. O investimento é de 71.000 euros, que o Concello achegará a través do Plan de Barrios, e o prazo de execución, de dous meses. Nos dous casos, o procedemento de contratación iniciarase de maneira inmediata.

ÚLTIMAS

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...

Controlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Un incendio orixinado esta tarde nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei...

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...