InicioSucesosEvacuado o único afectado por queimaduras nun incendio en Curutelo

Evacuado o único afectado por queimaduras nun incendio en Curutelo

Os servizos sanitarios trasladaron na tarde deste luns a unha persona por inhalación de fume e queimaduras polo incendio nunha casa da parroquia das Pías

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na tarde deste luns a unha persona que resultou afectada por inhalación de fume e sufriu queimaduras nun incendio nunha casa en Lugo.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o aviso por lume chegou sobre as 13.20 horas no número 7 do lugar de Curutelo, na parroquia das Pías. O incendio calcinou un colchón nunha das habitacións da vivenda.

Ata a zona desprazáronse inicialmente efectivos dos Bombeiros de Lugo, da Policía Local e de Protección Civil. Ademais, o persoal do 112 Galicia informou os feitos ao 061, que asistiu á vítima no lugar para logo trasladala ao centro hospitalario.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación inicia a súa axenda institucional en Cabo Verde

A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela, Carmela López, iniciou en...

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

O alcalde espera que o cambio na reitoría da USC signifique “maior independencia” do campus lucense

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, felicitou a Rosa Crujeiras pola súa vitoria nas...

Os clubes deportivos da provincia poden solicitar as axudas da Vicepresidencia da Deputación

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe -12 de marzo – a convocatoria de...