InicioSociedadeO número de vítimas mortais en sinistros de tráfico reduciuse na provincia...

O número de vítimas mortais en sinistros de tráfico reduciuse na provincia durante o 2019

O Concello tamén anunciou as novas localizacións para sacar o carné de conducir: Garabolos e as inmediacións da Escola Superior de Arte e Deseño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cifra de accidentes de tráfico na provincia de Lugo descendeu no 2019. Tamén diminuíu o número de vítimas mortais en sinistros, ao pasar de 22 mortos no 2018 a 19 durante o pasado ano.

Segundo puntualizou a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, dezasete das vítimas faleceron en vías interurbanas, mentres que as outras dúas o fixeron en vías urbanas. Houbo, ademais, 73 feridos hospitalizados e 571 que non precisaron hospitalización.

O total de accidentes situouse en “451, cando o ano anterior (2018) se rexistraran 532 accidentes con 22 falecidos, 79 feridos hospitalizados e 697 non hospitalizados”. Ante estes datos, Isabel Rodríguez felicitou a Garda Civil de Tráfico da provincia “porque permitiron reducir as cifras de vítimas”.

NOVAS LOCALIZACIÓNS PARA SACAR O CARNÉ

Estes datos foron destacados durante unha rolda de prensa do Concello de Lugo para presentar as novas localizacións para sacar o carné de conducir na cidade. Estiveron presentes o xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez, e a alcaldesa da cidade, Lara Méndez.

Ela foi quen precisou que esas novas localizacións se situarán na zona de Garabolos (Avenida Paulo Fabio Máximo) e nas inmediacións da Escola Superior de Arte e Deseño. Méndez xustificou estes cambios “para dar seguridade” nas probas prácticas que se realizan para expedir o carné de conducir. Segundo comentou, o ano pasado máis de 4.000 persoas examináronse do mesmo na cidade.

Pola súa banda, o xefe provincial de Tráfico, Anxo Álvarez, presumiu que coas novas localizacións preténdese igualmente dar “máis dinamismo” e profundar na “adaptación da proba máis a unha circulación real”.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...