InicioSociedadeLugo tamén se manifesta en Santiago a prol da Sanidade Pública

Lugo tamén se manifesta en Santiago a prol da Sanidade Pública

A alcaldesa da cidade, xunto a outros membros do goberno local, acudiron á marcha convocada por SOS Sanidade Pública.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Miles de persoas manifestáronse na capital galega en contra da “deterioración” e “desmantelamento” da sanidade pública galega que implantou “o Goberno de Feijóo en once anos de mandato”. Sociedade civil, profesionais sanitarios e todos os partidos da oposición do Parlamento galego —PSdeG, BNG, Grupo Común da Esquerda e En Mareasaíron á rúa “unidos” fronte a “unha Xunta que fai oídos xordos” ás reivindicacións do “clamor popular”.

Lugo tamén se uniu á manifestación, convocada por SOS Sanidade Pública, a través da representación de parte da sociedade lucense e da alcaldesa da cidade, Lara Méndez, xunto a outros membros do goberno local: as edís de Gobernanza, Paula Alvarellos; Urbanismo Sostible, Miguel Couto; Igualde, Muller e Xuventude, Ana González Abelleira e Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto.

Todos eles participaron nesta mañá do domingo na manifestación en contra da política sanitaria que está a desenvolver a Xunta de Galicia e pola loita “contra o recorte de recursos, o desmantelamento dos hospitais comarcais e o abandono dos Centros de Atención Primaria”.

Tamén o BNG de Viveiro fixo acto de presenza na protesta. O seu portavoz afirmou que “o PP, con Feixóo á cabeza e coa escusa da crise, aplicou duras políticas de recortes e fixo modificacións lexislativas e organizativas que danaron gravemente a Sanidade Pública de Galiza, como son a redución de orzamentos, de centros de profesionais, de camas hospitalarias, privatizacións e externalización de servizos esenciais, derivacións de doentes a centros privados, listas de agarda disparadas, colapsos de urxencias, desatención clamorosa da saúde mental e das mulleres”. Por todo isto, hoxe tomaron as rúas canda a milleiros de persoas.

[Podes ler máis información en Galicia Confidencial].

+ posts

ÚLTIMAS

Vilalba recibe o ministro Hereu para supervisar os investimentos realizados na casa consistorial e o Parador

O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, continuou esta mañá o seu percorrido...

A Vicepresidencia da Deputación financiará melloras no campo de fútbol do Baliño, en Ferreira de Pantón

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará melloras no campo de fútbol do Baliño,...

Máis de 4.000 parcelas recuperarán a condición de chan rústico, sinala o Concello de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, que compareceu co concelleiro de urbanismo, Ramón Cabarcos,...

O PSOE de Lugo reclama a Candia facer pública a folla de ruta para integrar os migrantes no concello

O PSOE esixe ao Goberno de Candia que faga pública a súa folla de...