InicioSociedadeLugo tamén se manifesta en Santiago a prol da Sanidade Pública

Lugo tamén se manifesta en Santiago a prol da Sanidade Pública

A alcaldesa da cidade, xunto a outros membros do goberno local, acudiron á marcha convocada por SOS Sanidade Pública.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Miles de persoas manifestáronse na capital galega en contra da “deterioración” e “desmantelamento” da sanidade pública galega que implantou “o Goberno de Feijóo en once anos de mandato”. Sociedade civil, profesionais sanitarios e todos os partidos da oposición do Parlamento galego —PSdeG, BNG, Grupo Común da Esquerda e En Mareasaíron á rúa “unidos” fronte a “unha Xunta que fai oídos xordos” ás reivindicacións do “clamor popular”.

Lugo tamén se uniu á manifestación, convocada por SOS Sanidade Pública, a través da representación de parte da sociedade lucense e da alcaldesa da cidade, Lara Méndez, xunto a outros membros do goberno local: as edís de Gobernanza, Paula Alvarellos; Urbanismo Sostible, Miguel Couto; Igualde, Muller e Xuventude, Ana González Abelleira e Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto.

Todos eles participaron nesta mañá do domingo na manifestación en contra da política sanitaria que está a desenvolver a Xunta de Galicia e pola loita “contra o recorte de recursos, o desmantelamento dos hospitais comarcais e o abandono dos Centros de Atención Primaria”.

Tamén o BNG de Viveiro fixo acto de presenza na protesta. O seu portavoz afirmou que “o PP, con Feixóo á cabeza e coa escusa da crise, aplicou duras políticas de recortes e fixo modificacións lexislativas e organizativas que danaron gravemente a Sanidade Pública de Galiza, como son a redución de orzamentos, de centros de profesionais, de camas hospitalarias, privatizacións e externalización de servizos esenciais, derivacións de doentes a centros privados, listas de agarda disparadas, colapsos de urxencias, desatención clamorosa da saúde mental e das mulleres”. Por todo isto, hoxe tomaron as rúas canda a milleiros de persoas.

[Podes ler máis información en Galicia Confidencial].

ÚLTIMAS

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

Once empresas optan ás obras do tramo final da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar o último tramo da autovía...

As enmendas do PP de Lugo ao orzamento expoñen execución de obras pendentes e pagos anticipados

O Partido Popular de Lugo presentou este luns un conxunto de emendas aos orzamentos...

Comedor escolar na aula móbil do Colexio Fingoi 2

A Escola de Educación Infantil Fingoi 2 de Lugo ofrece desde hoxe o servizo...