InicioSociedadeO Campus de Lugo terá o primeiro grao aberto da USC, onde...

O Campus de Lugo terá o primeiro grao aberto da USC, onde o alumnado escolle materias de varias carreiras

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e a Facultade de Ciencias impulsan esta nova modalidade na rama de 'Enxeñaría e Arquitectura'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e a Facultade de Ciencias do Campus de Lugo impulsan o primeiro grao aberto da Universidade de Santiago de Compostela. O Consello de Goberno aprobou este venres a proposta, que busca avanzar no obxectivo de lograr unha maior eficiencia no uso de recursos e, ao mesmo tempo, ampliar as posibilidades de elección do alumnado.

Deste xeito, a institución compostelá dá os primeiros pasos para contar o próximo curso académico con esta nova modalidade, unha experiencia piloto que permitirá aos alumnos escoller entre materias de varias carreiras antes de decidirse por unha vía definitiva. Galicia sería o terceiro territorio do Estado en contar cunha proposta deste tipo.

O obxectivo destes graos abertos, anunciados pola Xunta durante a inauguración do curso académico, é paliar as cifras de abandono de estudos universitarios, que alcanza o 20 por cento no caso dos estudantes de primeiro ano e os 1.200 que cambian de carreira durante os dous primeiros cursos do seu grao.

ENXEÑARÍA E ARQUITECTURA

A proposta da USC combina materias de ata cinco graos, nos que o estudiantado poderá cursar 90 créditos cun recoñecemento mínimo de 60 créditos cursados no grao finalmente elixido. Así mesmo, na fase de implantación, o número de prazas ofertadas para cada programa será de dez e permitiría a constitución dun grupo propio de docencia interactiva.

Así o informa a institución compostelá nun comunicado, no que destaca que a oferta deste grao na rama de ‘Enxeñaría e Arquitectura’ permitirá presentar un sistema máis amplo e competitivo para favorecer a atracción de estudantes doutras comunidades e mellorar o intercambio.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...