InicioMedioambiente e PatrimonioO reloxo da Catedral de Lugo será a imaxe dun cupón da...

O reloxo da Catedral de Lugo será a imaxe dun cupón da Once

PUBLICADA O

- Advertisement -

O reloxo da Catedral de Lugo é a imaxe do cupón do Once do próximo mércores 29 de xaneiro, que se enmarca na serie ‘Cidades en punto e hora’, dedicada aos 52 reloxos máis emblemáticos das cidades españolas.

Con iso, máis de cinco millóns e medio de cupóns difunden xa a imaxe do Reloxo da Catedral lucense. O actual, segundo os estudos realizados polo historiador Adolfo de Abel Vilela, é o quinto dos albergados na torre da fachada norte da catedral, desde que a finais do século XVI se colocase o primeiro reloxo mecánico que houbo na cidade para servizo público e que estivo en funcionamento 180 anos.

Refire Abel Vilela que a historia dos reloxos da torre da Catedral de Lugo compendian, en certo xeito, “a historia da reloxaría de Galicia”, debido ao número e importancia dos reloxeiros que fixeron as maquinarias e daqueloutros que as mantiveron ao longo dos séculos. A Torre que alberga o reloxo edificouse na segunda metade do século XVI, igual cás campás litúrxicas.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...