InicioSucesosDeteñen en Lugo un delincuente "extremadamente perigoso" e o arresto remata con...

Deteñen en Lugo un delincuente “extremadamente perigoso” e o arresto remata con cinco axentes feridos

A Policía interviu logo de recibir unha chamada de socorro na que se oía unha "voz moi baixa e tenue". Sobre o individuo constaban seis ordes de busca dende o pasado mes de agosto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos policiais detiveron en Lugo un delincuente “extremadamente perigoso” sobre o que constaban seis ordes de busca dende o pasado mes de agosto. No marco do arresto, cinco axentes resultaron feridos.

Os feitos sucederon na tarde deste mércores 22 de xaneiro. A sala operativa do 091 recibiu unha chamada na que “unha voz moi baixa e tenue reclama unha patrulla nun determinado domicilio da Avenida da Coruña“. A conversa cortouse de súpeto e a persoa non respondeu a posteriores chamadas realizadas desde dependencias policiais.

“Presumiuse que se podía tratar de persoas vinculadas a un perigoso delincuente que está a ser buscado dende hai tempo“, deduciu a Policía. Do mesmo xeito, tamén se trasladou información á UFAM ao ter indicios de que podía tratarse dun suceso relacionado con violencia de xénero.

Unha vez alí, a persoa alertante manifestou que a persoa buscada estaba no interior do domicilio, polo que os axentes tomaron “as debidas precaucións”. Os policías localizaron o individuo “escondido nun armario” e este abalanzouse “con gran violencia” cara aos axentes. Logo dun forte forcexeo, conseguiron inmobilizalo, pero no proceso resultou lesionada “de forma importante” unha policía da UFAM e outros catro axentes.

Segundo destacaron estas mesmas fontes policias, o detido “non deixou de inxuriar e ameazar de forma xeral aos policías, ás medidas xudiciais e en concreto ás mulleres, mesmo contra as dependencias policiais”.

ROMPEU AS VENTÁS DO COCHE

Unha vez introducido no vehículo policial, o detido “continúa coa súa actitude agresiva” e rompe as dúas fiestras do vehículo policial, polo que tivo que ser atendido polos servizos sanitarios. Posteriormente, foi levado a dependencias policiais.

Ao detido cónstanlle seis ordes pendentes por diferentes xulgados da cidade de Lugo, tanto de Instrución como do Penal, ademais das procuras policiais. “Tamén e proba do seu extremo perigo, é que a pesar da súa idade, 24 anos, xa atesoura 22 causas delituosas, destacando a violencia de xénero e doméstica”, concluíu a Policía Nacional.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...