InicioSociedadeA veciñanza de Chantada estraña a "radio do pobo", a que contaba...

A veciñanza de Chantada estraña a “radio do pobo”, a que contaba o que ocorría “ao seu carón”

"En menos dun ano pecharon os dous medios de comunicación de Chantada", lamenta Marifé Macía. Ela foi a voz da comarca durante os máis de vinte anos que traballou en Radio Faro-Cadena Ser Chantada e en Televinte Chantada. Nesta entrevista do Xornal de Lemos, Marifé Macía conta que o mellor desa etapa foi "o contacto directo" cos veciños e veciñas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo ten sido sementeira de medios hiperlocais, aqueles que agromaban en pequenos concellos ou comarcas e que informaban do que sucedía “a carón” da veciñanza. A crise tamén lles afectou a eles—medios pequeniños, pero necesarios— e así fomos presenciando o peche de moitos deles: “En menos de dous anos, pecharon os dous medios de comunicación de Chantada”.

Quen o di é alguén que o sabe ben. Marifé Macía foi a voz da comarca durante os máis de vinte anos que traballou en Radio Faro-Cadena Ser Chantada e en Televinte. Aínda que ela naceu en Pamplona, a súa nai era de Monforte e mudáronse alí cando Marifé tiña 22 anos. A súa primeira experiencia radiofónica foi en Radio-Radio, unha radio libre que funcionou bastantes anos na cidade do Cabe e na que colaboraba por lecer. “Aos poucos anos abriu Radio Faro en Chantada, no ano 1991, e colléronme. Foi só un ano porque decidiron quedar cunha soa persoa”.

Nesta entrevista do Xornal de Lemos, Marifé Macía confesa sentir “morriña” cando pensa naqueles anos de xornalismo de proximidade. 

P: O destino quixo que volveras a Radio Faro algúns anos despois.

R: Si, no 1999 volvín a Chantada. Chamáronme de Televinte, televisión que naceu no 1998 con 20 socios, de aí o nome. Coñecíanme da etapa da Ser e empecei a traballar con eles facendo informativos, presentaba o “Telenovas”. E nese mesmo ano chamáronme de Radio Faro. Susana López Abella non podía seguir co programa, éralle incompatible coa súa dedicación á política. Collín o traballo e compaxineino con Televinte durante un tempo, pero decidín que non podía con todo. Apostei pola radio e quedei só cun programa semanal na televisión.

P: Como xornalista de proximidade que fuches, que é o bo e o malo do oficio?

R: Diríache que todo bo, sobre todo a proximidade e o contacto directo coa xente. Dar as noticias do teu carón é moi gratificante. Establécese unha relación cos oíntes que vai máis alá… E parte mala non hai… Se tivera que poñer unha obxección, por poñer unha, quizais que cando chegan medios de comunicación de ámbito nacional “como que nos teñen menos en conta”.

Podes ler a entrevista completa no Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Rueda ratifica a creación do edificio con 50 aloxamentos compartidos para mozos na rúa Illa Coelleira da cidade de Lugo

Lugo cidade e a provincia centraron este luns a reunión semanal do Executivo autonómico,...

Luz verde ambiental a un parque eólico de Naturgy en Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira

O Diario Oficial de Galicia (DOG) informa este luns da declaración de impacto ambiental que...

Dous detidos e varios feridos tras unha pelexa con arma branca nun local de lecer de Lugo

Unha liorta nun local de lecer do barrio histórico de Lugo saldouse con dúas...

Besteiro reclama “máis forza municipalista” no congreso de proclamación de Tomé como secretario do PSOE en Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi proclamado este sábado secretario provincial do PSOE no...