InicioCulturaTres titulacións do Campus Terra seguen a ser as mellores de España

Tres titulacións do Campus Terra seguen a ser as mellores de España

Entre 61 universidades españolas e 2.300 graos, o centro lucense reedita o liderado en tres áreas de coñecemento

PUBLICADA O

- Advertisement -

De entre as 15 titulacións de grao impartidas en Lugo, tres son líderes en España. Esa é a conclusión do U-Ranking 2018 das mellores universidades estatais, elaborado pola Fundación BBVA e o Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (Ivie). O Campus Terra, adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, renova o liderado na docencia, a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico en tres eidos de coñecemento.

Segundo consta na sexta edición deste estudio, que abrangue o 94 por cento do Sistema Universitario, os graos de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Ciencias da CUltura e Difusión Cultural, así como Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, sitúanse coma referentes en España outro ano máis. O U-Ranking analiza 61 universidades públicas e privadas, con máis de 2.300 titulacións.

Amais destes tres graos entre a elite universitaria española, a análise ubica en segundo lugar dos seus respectivos ámbitos aos graos en Veterinaria e en Enxeñaría Civil, da Escola Politécnica Superior de Exeñaría. Este centro lucense conta asemade coa titulación de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria no terceiro posto do indicador; situación que comparte cos graos en Mestre de Educación Infantil e Mestre de Educación Primaria da USC. Por outra banda, o grao en Nutrición Humana e Dietética da Facultade de Ciencias aparece na cuarta posición deste eido.

Entre as titulacións académicas impartidas en Lugo, cómpre salientar tamén o grao en Lingua e Literatura Españolas, en cuarta posición; o grao en Enfermaría, no quinto lugar; e Administración e Dirección en Empresas, Xestión de Pemes e Relacións Laborais e Recursos Humanos, xa na sétima posición.

Hai que lembrar que no vindeiro curso comezará a impartirse o Grao en Paisaxe, con 50 prazas de nova matrícula. Este título único no Sistema Universitario Español, de carácter interuniversitario, terá sede os dous primeiros anos académicos na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC); despois, o alumnado deberá completar os últimos dous cursos na Escola Técnica Superior de Arquitectura na Universidade da Coruña (UDC).

A nova Vicerreitora analiza o futuro do Campus Terra

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación repartirá 25,5 millóns entre os 67 concellos tras aprobar esta iniciativa no Pleno por unanimidade

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a relación de...

Un ferido nun choque entre dous vehículos na Pastoriza

Un condutor resultou ferido nun accidente rexistrado este luns na estrada LU-122 no municipio...

O Pleno da Deputación aproba unha nova ordenanza para as residencias provinciais

O Pleno da Deputación acordou este martes aprobar a nova ordenanza que regula o...

O PP reclama actualizar o ‘Plano Deputación’ ante a suba de prezos en materiais de construción

Os deputados do grupo provincial do PP de Lugo reclamaron ao PSOE e ao...