InicioCulturaO novo Grao en Paisaxe do Campus Terra contará con 50 prazas

O novo Grao en Paisaxe do Campus Terra contará con 50 prazas

O primeiro grao deste eido en España será de carácter interuniversitario, con dous cursos no Campus Terra e outros dous na Universidade da Coruña

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grao en Paisaxe comezará a impartirse no vindeiro curso académico 2018-2019 con 50 prazas de nova matrícula. Este título singular no Sistema Universitario Español, de carácter interuniversitario, terá sede os dous primeiros anos académicos na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC); despois, o alumnado deberá completar os últimos dous cursos na Escola Técnica Superior de Arquitectura na Universidade da Coruña (UDC).

Con 240 créditos ECTS –estructurados en 60 créditos de formación básica, 150 de materias obrigatorias, 6 créditos optativos, 6 créditos en prácticas externas obrigatorios e 18 créditos no Traballo Fin de Grao–, a titulación o grao en Paisaxe constitúe un título universitario orientado a crear competencias específicas en paisaxe en consonancia coa normativa vixente. Con tal fin, engadirá as capacidades docentes e investigadoras de dous centros diferentes especializados na enxeñaría agroforestal e na arquitectura, como o son a EPS de Enxeñaría da USC, e a ETSAC da UDC.

O grao de Paisaxe, unha titulación coordinada na USC pola profesora Isabel Iglesias, cubrirá unha carencia formativa existente en España en relación co resto de Europa. Na maioría dos países desenvolvidos, as administracións públicas precisan de profesionais cualificados na planificación, deseño e xestión de paisaxe en ambientes urbano, rural, forestal e medio natural. Deste xeito, poden elaborar e pór en marcha os intrumentos previstos na normativa comunitaria.

A formación articulada no grao en Paisaxe integra materias e disciplinas moi diversas: bioloxía, economía, expresión gráfica, xeografía, xeoloxía, informática, matemática e estatística aplicada, composición, proxectos e urbanismo, xeomática e topografía, arquitectura, medio ambiente, botánica, edafoloxía, tratamento vexetal, arte, historia, ecoloxía, análise do medio, hidroloxía, construción e instalacións, estruturas e socioloxía. É pois un amplo compendio de disciplinas formativas, entre as que cómpre salientar a importancia das seis materias de obradoiros de aplicación transversal dos coñecementos.

A amplitude e o carácter heteroxéneo e transversal da formación organizada neste título universitario, os cometidos profesionais dos futuros graduados e graduadas en Paisaxe tamén se antollan múltiples. De feito, entre as súas funcións estarán as de crear, manter, protexer e mellorar os lugares coa finalidade de que sexan funcionais, belos e sostibles.

Así, entre os ámbitos de exercicio profesional para os que capacita o grao en Enxeñaría da Paisaxe figuran o deseño, restauración, xestión, mantemento e administración de espazos abertos privados e públicos, o desenvolvemento e aplicación de estratexias e procesos de deseño, xestión e planeamento paisaxístico a todas as escalas do territorio, a restauración de espazos alterados coa aplicación das oportunas medidas de corrección ambiental, a avaliación de impacto ambiental, os estudos sobre clima, solo, flora, fauna, augas superficiais ou soterradas, os estudos económicos e calendarios de obras de proxectos de paisaxe.

Entre as competencias dos futuros graduados están o asesoramento e a consultoría, a investigación e redacción de informes técnicos, a realización de estudos de viabilidade e avaliación de lugar e contexto, a coordinación e desenvolvemento de procesos de participación comunitaria, así como procesos de consultas con os axentes interesados; a elaboración de documentos gráficos e visualizacións en 3D para ilustrar plans e propostas; a selección de especies vexetais e materiais apropiadas nun contexto dado ou a realización de orzamentos e planificación de gastos durante a execución de obras de paisaxe.

Máis información no sitio oficial 

Cursos de verán en Guitiriz, Muras e Cervantes coma preludio do novo Grao en Paisaxe

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...