InicioMedioambiente e PatrimonioCursos de verán en Guitiriz, Muras e Cervantes coma preludio do novo...

Cursos de verán en Guitiriz, Muras e Cervantes coma preludio do novo Grao en Paisaxe

Tres cursos a celebrar en xullo permitirán aproximarse ás áreas de Turismo e Paisaxe, conservación de Biodiversidade e Patrimonio, e Estratexias contra o Abandono Rural

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Universidade de Santiago de Compostela contará con tres cursos de verán con temáticas vencelladas ao novo Grao en Paisaxe, que comezará a impartirse o vindeiro ano académico 2018-2019 de forma conxunta coa Universidade da Coruña. Os programas formativos da Universidade de Verán están recoñecidos a efectos de créditos ECTS para o seu estudantado. Os prazos de inscripción xa están abertos, con taxas xerais de entre 70 e 120 euros, e reducidas para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e persoal docente e administrativo.


Guitiriz

O curso de Turismo e Paisaxe a celebrar na Casa Habanera nos días 11, 12 e 13 de xullo non ten límite de inscritos. En 24 horas lectivas examinarase a relación entre turismo e paisaxe desde diferentes áreas de coñecemento, con relatorios referidos á historia, á xeografía, á enxeñería, á economía, ao urbanismo, ao medio ambiente, así como á percepción literaria ou artística. Programa.

Muras

Este curso de Estratexias contra o abandono rural ten programación entre os días 17 e 20 de xullo, no local social do concello chairego e proxectos colaboradores. Cun límite de 50 alumnos, e 32 horas lectivas, abordará a problemática do abandono rural coa participación de expertos de distintos ámbitos relacionados co sector primario. A escolla do municipio non é casual, pois xa conta con diversas iniciativas para arrostrar os serios problemas de despoboamento. Programa.

Cervantes

Co título Biodiversidade e Patrimonio da Montaña lucense: Conservación e uso social, oferta entre os días 11 e 14 de xullo un total de 26 horas lectivas a 30 alumnos. O obxectivo é acadar unha formación especializada de carácter teórico-práctico encamiñada ao coñecemento da biodiversidade e do patrimonio cultural específico de Ancares, así como traballar baixo as máximas de converxencia de intereses, mediación en procesos e resolución de conflitos coas que favorecer a conservación e a promoción de todos os factores ambientais e sociais da contorna. Programa.

Grao en Paisaxe, o primeiro Grao Interuniversitario en Galicia

As universidades de Santiago e A Coruña iniciarán o vindeiro curso académico a impartición do novo grao en Paisaxe, único no ámbito académico de España. A nova titulación ao por a disposición do futuro alumnado o coñecemento de tres centros de dúas universidades, que fará que cubran unha carencia profesional da que non existía formación. Este grao conta cunha longa tradición noutros países como Portugal ou Francia, integrando disciplinas como urbanismo, topografía, arquitectura, medio ambiente, botánica, edafoloxía, arte, economía ou socioloxía. Terá 240 créditos en catro anos, dos que os dous primeiros impartiranse na EPSE de Lugo e os outros dous na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...