InicioSociedadeVai chegando o Apalpador... E Lugo prepara festa para recibilo

Vai chegando o Apalpador… E Lugo prepara festa para recibilo

Baile, contos, historias e foliada para darlle a benvida ao Xigante do Courel.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo está a piques de recibir o xigante do Courel. O sábado 21 é o día máis importante. A cidade engalanarase para anunciar a saída do Apalpador e para recibilo como merece á súa chegada a Lugo. Obradoiros de música e de baile tradicional na Praza Maior (e en caso de choiva, no Vello Cárcere) poñerán o toque musical á xornada.

Ás 16:30 h. terá lugar o obradoiro “Descubre a flora e fauna do Courel”; ás 17:00 h. relatarase o conto “Os camiños do Apalpador”; ás 17:30 h. chegará o Apalpador con castañas e agasallos; ás 18:15 h. desenvolverase o obradoiro “Troupelear e Cantos de Nadal; ás 19:00h faranse “Danzas en fitas”; e ás 19:30 h. comeza a foliada… Ata que o corpo aguante.

As actividades para recibir o Apalpador / Facebook Troupelear

Detrás de todas estas iniciativas está a Semente Lugo xunto coa Mesa pola Normalización Linguística, CS Mádia Leva, A Volta do Agro, Cántigas e Frores, Oxeito, Troupelear, Asociación Antonio Gandoy e Tradescola. Xuntas, e coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, a Deputación de Lugo e as Librarías Trama, Biblos e a Biblioteca Pública Municipal de Lugo, presentan este ano un proxecto de animación e socialización da figura do Apalpador para fomentar a participación da cidadanía na visibilización do xigante do Courel.

Segundo explican as persoas organizadoras, durante todo o mes de decembro tamén impulsan recursos didácticos e produción cultural editada ao redor do Xigante Carboeiro. E nesta edición, os comercios do centro histórico tamén participan na promoción da figura do Apalpador de unha forma moi activa.

Para ir entonando de cara ao sábado, o venres 20 ás 20:00h. o salón de actos do Vello Cárcere acollerá tamén unha charla – coloquio a cargo de José André López González baixo o título “O Apalpador, da prehistoria para o futuro”, uns cantos apuntes a ter en conta sobre este importante persoaxe mitolóxico.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo dá luz verde á mellora das estradas provinciais

A xunta de goberno da Deputación de Lugo deu luz verde a licitar, por...

Un xulgado de Lugo condena a Correos a recoñecer unha subida salarial denegado a unha empregada de baixa por maternidade

O xulgado do social número 1 de Lugo condenou a Correos e á Seguridade Social a...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un acusado de agresión sexual á filla menor de idade da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un acusado dun delito continuado...

O Goberno inviste 25 millóns de euros para obras na A-6

O Consello de Ministros autorizou este martes a licitación por 25,17 millóns de euros...